martes, octubre 21, 2025
InicioNewsA Xunta intermediará no conflicto laboral entre as traballadoras do SAF de...

A Xunta intermediará no conflicto laboral entre as traballadoras do SAF de Ponteareas e a empresa concesionaria do servizo

A Xunta de Galicia intermediará no conflicto laboral entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Ponteareas, que acumulan case un mes de folga indefinida, e a empresa concesionaria, Óbolo. Así o vén de comunicar o concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas, quen lideraba as negociacións coa plantilla.

Represas explica que «a petición do sindicato CIG, terá lugar unha reunión entre Óbolo e os representantes dos traballadores» e que nesa xuntanza actuará de intermediario o servizo xurídico de resolución de conflictos do departamente de relacións laborais da Xunta de Galicia. Será este martes 21 a partir das 10:00 horas.

A seguinte reunión que manterán as traballadoras do SAF de Ponteareas será o mércores 22 a partir das 19:00 co goberno municipal nas instalacións do Concello, segundo detalla nun vídeo difundido a través das redes sociais da adminsitración local.

Servizos mínimos

En canto á resolución da xustiza sobre os servizos mínimos do SAF en Ponteareas, o concelleiro Francisco Represas di que «como non podía ser doutro xeito, aceptamos a decisión» e avanza que ábrese a porta a que se incremente o tempo dedicado a cada usuario e usuaria ao «eliminarse os 45 minutos estándar estipulado para cada un deles». Indica que podería chegar, incluso, á 1 hora e 30 minutos e que será a empresa concesionaria a que realice o estudo individualizado.

E é que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra deu, parcialmente, a razón as traballadoras da empresa Óbolo, concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar , ao anular dous dos puntos máis polémicos dos servizos mínimos fixados polo Concello de Ponteareas. Trátase da obriga de prestar 45 minutos por persoa usuaria e a exixencia de que sexan as propias persoas en folga quen os cubran. A xuíza entende que estas medidas poderían vulnerar o seu dereito fundamental

Declaracións do concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS