martes, agosto 26, 2025
InicioNewsComarcasFestival de humor: Salceda recupera o Caselas Comedia con Carlos Blanco, Oswaldo...

Festival de humor: Salceda recupera o Caselas Comedia con Carlos Blanco, Oswaldo Digon e Isabel Risco

O Concello de Salceda de Caselas vén de facer público hoxe o programa do Caselas Comedia, que se celebrará nos meses de novembro, decembro e xaneiro no Auditorio Municipal. 

Cando comeza o Caselas Comedia?

A primeira das citas será o 8 de novembro con Carlos Blanco. Carlos é un dos clásicos nas citas co humor en Salceda, conseguindo sempre encher o aforo do Auditorio Municipal, polo que o Concello de Salceda agarda que «unha vez máis a súa presenza sexa garantía de éxito», segundo inican desde a administración local.

O 14 de decembro chegará o espectáculo “Muiñeiras. A risa tamén se baila”, con Oswaldo Digon e Lorena Pinheiro acompañados polo grupo de gaitas Naiama, nunha «proposta novidosa na que se mestura o humor e música tradicional».

Por último, o 3 de xaneiro, será o turno de Isabel Risco, que volve a Salceda despois de moitos anos e que «sen dúbida acadará de novo unha gran entrada no Auditorio Municipal».

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, amosou a súa ledicia pola volta do Caselas Comedia a Salceda, xa que «dende antes da pandemia non volvera celebrarse», e lembrou que “este ciclo é unha boa oportunidade de ocio para as tarde/noites do inverno, e para seguir a dinamizar o noso Auditorio Municipal”. A Alcaldesa convidou a salcedenses e visitantes a achegarse a gozar desta divertida proposta que «volve a poñer a Salceda no centro das actividades de humor».

Entradas para o Caselas Comedia

As entradas están xa á venda de xeito telemático en giglon.com, e poderanse adquirir tamén de xeito presencial na Tabertenda de Salceda. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS