sábado, junio 7, 2025
InicioNewsActualidadeOs bombeiros sufocan un incendio nun establecemento agrícola de Salceda de Caselas

Os bombeiros sufocan un incendio nun establecemento agrícola de Salceda de Caselas

Os reloxos marcaban as 22:15 horas cando o 112-Galicia recibía a chamada da Policía Local de Salceda de Caselas alertando dun pequeno incendio ocasionado na parte traseira dunha tenda agrícola da rúa Coruña da mesma localidade.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Baixo Miño, o GES-Bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil, a Policía Local de Salceda e Protección Civil de Salceda de Caselas.

Tal e como informan dende o 112-Galicia, o lume foi ocasionado nun montón de cartóns apilados no interior da tenda. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais mais foi afectada unha parede do local.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS