HomeNewsActualidadeOs bombeiros sufocan un incendio nun establecemento agrícola de Salceda de Caselas

Os bombeiros sufocan un incendio nun establecemento agrícola de Salceda de Caselas

Os reloxos marcaban as 22:15 horas cando o 112-Galicia recibía a chamada da Policía Local de Salceda de Caselas alertando dun pequeno incendio ocasionado na parte traseira dunha tenda agrícola da rúa Coruña da mesma localidade.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Baixo Miño, o GES-Bombeiros de Ponteareas, a Garda Civil, a Policía Local de Salceda e Protección Civil de Salceda de Caselas.

Tal e como informan dende o 112-Galicia, o lume foi ocasionado nun montón de cartóns apilados no interior da tenda. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais mais foi afectada unha parede do local.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS