jueves, mayo 29, 2025
InicioNewsActualidadeSanidade abre o sistema de citas para vacinar fronte ao virus do...

Sanidade abre o sistema de citas para vacinar fronte ao virus do papiloma humano a máis e 24.000 varóns

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, vén de abrir o sistema de citación para que máis de 24.000 varóns nados nos anos 2004 e 2005 poidan vacinarse fronte ao virus do papiloma humano (VPH), tras a ampliación do rango de idade da poboación diana masculina, que pasa dos 18 aos 21 anos.

Segundo explican desde Sanidade, «a vacinación é a medida máis efectiva para previr esta enfermidade. No calendario galego de inmunización para toda a vida tamén está incluída a súa administración sistemática para os menores de ambos os sexos ao cumpriren os 12 anos de idade».

Cita para vacinarse contra o papiloma en Galicia

Así, desde a xornada de hoxe, a Xunta habilita a posibilidade de pedir cita para vacinarse fronte ao VPH aos máis de 24.000 homes nados nos anos 2004 e 2005. Dun xeito desagregado, e atendendo á distribución por provincias, poderán solicitar a súa cita para vacinarse un total de 10.118 mozos da provincia da Coruña; 2.417 da provincia de Lugo; 2.334 de Ourense; e 9.210 mozos da provincia de Pontevedra.

As persoas que desexen vacinarse fronte ao virus do papiloma humano poderán solicitar a súa cita a través da aplicación Sergas Móbil ou ben chamando ao seu centro de saúde.

Como se transmite o papiloma humano?

O virus do papiloma humano (VPH) transmítese fundamentalmente por contacto sexual. Así, con esta medida preténdese diminuír a incidencia en nenos de cancros orofarínxeos, anais e de pene causados polos tipos de VPH oncoxénicos contidos na vacina e de verrugas xenitais causadas polos tipos non oncoxénicos. En nenas, indirectamente, contribuirá a reducir a aparición de lesións precancerosas e cancros de cérvix, vulva e vaxina.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS