O PSOE rexistra unha pregunta á mesa do Parlamento para que o goberno galego tome medidas.
Veciños e veciñas de Tomiño e o sector da hostalería do municipio alertan dunha praga de insector en diferentes parroquias da localidade. De feito, non é a primeira vez que sucede porque, segundo conta a voceira socialista Violeta de Santiago, o ano pasado “chegáronse a esgotar os insecticidas”.
Neste contexto, o grupo socialista vén de rexistrar unha pregunta á mea do Parlamento no que pedirá medidas ao goberno galego “para salvagardar a salubridade dos cidadáns de Tomiño e da actividade hostaleira e turística do municipio”.
Escoita aquí a entrevista completa coa socialista Violeta de Santiago:

