martes, abril 30, 2024
InicioNewsO PaísO cadáver do pozo é dun veciño de Viana do Castelo de...

O cadáver do pozo é dun veciño de Viana do Castelo de 37 anos

A Garda Civil  deu coa identidade do cadáver que hai pouco máis dun ano apareceu mergullado nun pozo no Cerquido, no Porriño. É un home de 37 anos, natural da localidade portuguesa de Viana do Castelo.

A análise comparativa do ADN da vítima co da súa nai confirmouno. A súa nai xa o identificara a través dun retrato por aproximación facial que difundiu hai un mes o Xulgado que instrúe a causa e a proba xenética ratificouno.

Todo parecía indicar que se trataba da mesma persoa, pois os familiares informaron os investigadores dunha antiga fractura nun óso da man; a mesma lesión que presentaba o esqueleto do falecido. 

Con todo, o nome do asasinado se garda de momento con cautela, a análise de ADN confirma que se trata deste home, ao que se lle perdeu a pista fai tres anos.

A Garda Civil comezou a investigar os feitos no marco dun posible caso de asasinato, xa que o corpo presentaba un forte golpe na cabeza e foi atopado nun pozo sen uso que tiña pechada a tapa do depósito.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES