Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeComarcasO CondadoRibadetea consegue o apoio unánime do pleno para ampliar o proxecto de...

Ribadetea consegue o apoio unánime do pleno para ampliar o proxecto de saneamento

Todos os grupos apoiaron a reivindicación da Plataforma polo saneamento de Ribadetea para instar á Xunta a que amplíe o proxecto ao 100% da parroquia.

A Plataforma polo saneamento de Ribadetea acada o apoio unánime do pleno de Ponteareas para instar á Xunta de Galicia, en concreto ao ente que depende da Consellería de Infraestrutas e Mobilidade,  Augas de Galicia,para que no proxecto de execución da primeira fase que, actualmente, se está a redactar se contemple a rede de augas residuais para chegar ao 100% dos veciños e das veciñas. Ese proxecto só chega, agora, ao 20% da parroquia, segundo a Plataforma.

Na sesión plenaria interveu un dos voceiros da Plataforma que puxo como exemplo o saneamento das vilas portuguesas e advertiu: “estamos ata o gorro”

 

Malia o acordo dos grupos de goberno, BNG e PSOE, e dos da oposición, PP e ACIP, na quenda de intervencións dos voceiros e das voceiras voltaron os “e ti máis”. O líder de ACIP, Juan Carlos Carrera, pide unha política real, “a de petar porta a porta ata que nos abran”. 

Pola súa banda, a popular Belén Villar, bótalle en cara ao bipartito que non invista no saneamento das parroquias en sete anos e insiste en que “a competencia é municipal”.

 

Pero, “iso de competencia municipal”, di a rexedora Cristina Fernández Davila, “habería que falalo”.

 

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS