HomeConcellos +A CanizaEn imaxes: A Caniza bate récord co seu bocata xigante de xamón...

En imaxes: A Caniza bate récord co seu bocata xigante de xamón de 23,5 metros de longo

A Caniza volve superar o seu propio récord coa elaboración dun bocata de xamón de 23,5 metros e unha tallada cortada dunha soa peza, superando en 2,6 metros a lonxitude do ano anterior.

Como é habitual, a cita congregou a multitude de veciños e veciñas que visualizaban expectantes o proceso de elaboración do bocata de xamón. Por suposto, todos agardaron ao final para poder saborear o resultado, cando ese bocata de récord é repartido en pequenas porcións de forma gratuíta entre os e as asistentes.

A cita celébrase cada ano no marco da Festa-Feria do Xamón da Caniza, que terá lugar este sábado 15 de agosto na Carballeira do Cacharado.











Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS