HomeO PaísA CoruñaSiloé, Vanesa Martín e Leire Martínez protagonizan a programación das festas de...

Siloé, Vanesa Martín e Leire Martínez protagonizan a programación das festas de Ferrol 2026

O Concello de Lugo e a Axencia de Turismo de Galicia veñen de facer pública a programación das festas de verán de Ferrol, que contará cos concertos de Siloé, Vanesa Martín e Leire Martínez como principais atractivos da festividade.

As festas terán lugar do 21 ao 31 de agosto e incluén, segundo indicou o rexedor, José Manuel Rey Verela, unha “oferta lúdica e cultural qeu está ao nivel da gran cidade que somos; o noso desexo é que os ferroláns se sentan orgullosos da nosa cidade e tamén que aqueles que nos visitan gocen desta programación”.

O pregón, que aínda está por desvelar quen será o encargado de dar lectura, terá lugar que terá lugar na Praza de Armas ás 20:15h e marcará o inicio das festas. Posteriormente, dará paso ás actuacións de Fangoria, Bombai e Yoli Saa.

A seguinte en subir ao escenario será Vanesa Martín o sábado 22 de agosto e, ao día seguinte, será Siloé a banda encargada de por a nota musical. Budiño e o grupo De Ninghures actuarán o día 25 e Paula Koops e Leire Martínez farano o día 25. A mítica banda Celtas Cortos actuará o 26 de agosto.

A programación completarase con eventos como o certame Rock en Canido, que reunirá o 27 de agosto a formacións como Niño Asqueroso ou Los Deltonos, mentres que o 28 de agosto actuarán Danny Romero, José de Rico e Henry Méndez e o día 30 o solista Enol e o grupo Marlena.

As festas de verán de Ferrol concluirán o 31 de agosto cos fogos de artificio de Santo Ramón, que se lanzarán na enseada da Malata ás once menos cuarto da noite e que terán como acompañamento unha verbena previa coa orquestra La Misión e outra posterior a cargo de París de Noia.

Con anterioridade á semana grande de festexos, a cidade xa albergará actividades como a súa feira medieval, que se celebrará esta próxima fin de semana; a Feira da Cervexa, desde o 6 de agosto, ou o certame hípico Equiocio, a desenvolver do 6 ao 9 de agosto, alén do Nachiños Fest, fixado para o 14 e o 15 do mes entrante.

Programación completa na seguinte ligazón.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS