A Xunta de Galicia vén de sacar a licitación da redacción do proxecto de trazado e do proxecto construtivo dun novo treito de 2,8 quilómetros da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, concretamente, entre a ligazón da PO-350 e a da Ponte Carregal. As empresas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 7 de setembro.
A nova foi comunicada pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, nunha visita a Tomiño. Segundo explicou a titular, o investimento estimado para este treito “rozará os 20 millóns de euros, mentres que a redacción do proxecto saíu a licitación por 260.339 euros”.
Tras o peche do prazo, e segundo indicou a conselleira, “a redacción do proxecto adxudicarase canto antes”, co obxectivo de axilizar posteriormente a licitación de execución das obras.

