Un camión de transporte de pedra envorcou esta mañá na AP-9, ao seu paso polo Concello de O Porriño. Segundo indica o 112-Galicia, o vehículo perdeu a carga no accidente, rexistrado no carril de saída da autoestrada.
Os feitos aconteceron no quilómetro 168 da AP-9, á altura da parroquia de Pontellas, en sentido Tui. O camioneiro tivo que ser excarcelado polos Bombeiros do Porriño, a causa de ter un brazo atrapado.
O aviso foi dado por un particular ao 112 Galicia pasados uns minutos das 9:00 horas.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros e a Policía Local do Porriño.

