O Concello de Pontevedra vén de anunciar un novo nome para o cartel das Festas da Peregrina 2026. Trátase da banda madriñera Sidecars, que actuará de forma gratuita o vindeiro 12 de agosto, coincidindo coa elipse solar, na Praza de España.
O anuncio trátase da terceira das confirmacións, que xunto a C Marí e Miguel Ríos, completan por agora o elenco das tradicionais festas da Boa Vila.
Así, o primeiro en actuar será o artista valenciano C Marí, o 10 de agosto. Tras él, actuará Sidecars e o 14 de agosto, na Praza de España actuará Miguel Ríos, cun espectáculo de música rock na que é a súa xira de despedida “El último vals”, coa que porá fin á súa traxectoria artística de máis de seis décadas.
Ata o de agora, o Concello de Pontevedra, non anunciou máis artistas para as súas festividades máis emblemáticas.

