Este martes, 9 de xuño, celébrase o Día Internacional dos Arquivos, instituído en 2007 para dar a coñecer os arquivos e apoiar ao persoal que traballa neles. Esta data foi elixida en conmemoración da creación do Consello Internacional de Arquivos
(ICA), baixo os auspicios da UNESCO, o 9 de xuño de 1948. O ICA con esta conmemoración busca promover o valor dos arquivos e dos arquiveiros a nivel internacional.
Nesta liña o Arquivo Municipal de Tui organiza unha visita a guiada as súas instalacións este venres, 12 de xuño, ás 12 h. As persoas que asistan poderán coñecer o funcionamento do arquivo, así como algunha documentación relacionada coa temática da Semana Internacional dos Arquivos deste ano 2026. Os interesados poden inscribirse a través do correo arquivo@tui.gal ata este xoves 11 de xuño.
Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, “fomentar o coñecemento e o acceso ao contido arquivístico volveuse máis importante que nunca co obxectivo de transformar o acceso ao patrimonio documental, facelo comprensible e dar cabida a todos os cidadáns interesados, nesta liña está a celebración desta visita guiada do vindeiro 11 de xuño”.

