O Barrio de San Bieito acollerá desde este xoves a Feira do Libro do Porriño, unha cita imprescindible para os amantes da lectura que contará cunha ampla representación de librarías, autores e actividades culturais para todas as idades.
O evento, que se estenderá ata o domingo 17 de maio, ofrecerá un desconto do 10% en todos os libros. O horario de apertura será de 11:30 a 14:00 h e de 17:30 a 21:00 h, agás o xoves (só pola tarde) e o domingo, que pechará as súas portas ás 20:00 h.
A feira arrancará oficialmente o xoves 14 ás 18:00 h co acto inaugural e o pregón a cargo da Libraría Paz, precedido pola actuación musical das Cantareiras Fonteliño. Destaca o rexedor, Alejandro Lorenzo, “a historia desta libraría no Porriño”, apuntando a importancia das librarías para afianzar o comercio local. “Co desconto do 10% en todos os exemplares, esta é a oportunidade perfecta para que os a cidadanía porriñesa apoie o sector libreiro e leven a cultura ás súas casas. Convido a todo o mundo a participar nos obradoiros e a compartir este tempo cos autores e autoras que nos visitan.”
Entre os pratos fortes da programación destacan as actividades infantís e familiares, con obradoiros de biblioterapia como “Contos que curan” , o espectáculo “Os Xogos do Paporrubio” e diversas sesións de teatro con Pablísimo e a compañía Pedras de cartón.
Haberá tamén encontros literarios coa presentación de Mulleres que viven xuntas de Abril Camino ou a actividade de lecturas compartidas “Ler o que les” con Lucía Aldao, Silvia Penas e Samuel Merino o domingo.Tamén obradoiros: o sábado pola tarde, David Rodríguez guiará aos asistentes nun curioso obradoiro sobre os seres fantásticos de Galicia.
Autores nas casetas
Un nutrido grupo de escritores darase cita nas casetas das librarías participantes (Libraría Paz, Porto, Bahía Ribadeo, Copi-Rey, Uróboros, Boulevar e A Gata Tola) para asinar os seus últimos traballos. Entre os autores confirmados figuran Manuel Esteban, Amara Castro Cid, Samuel Ferro, Carlos Gabriel Fernández e Alba López Geada, entre moitos outros.
As persoas interesadas en participar nos obradoiros poden realizar a súa inscrición a traves do sitio web oficial da Federación de Librarías de Galicia (www.librarias.org).
Actividades infantís
A Feira contará cun completo programa de actividades pensadas para todas as idades. Dentro destas actividades o Concello do Porriño ten programado un contacontos que se levará a cabo no barrio de San Bieito o vindeiro 15 de maio (con dúas representacións, ás 11 e ás 12 horas, de 40 minutos de duración cada unha).
Mireia Casal, artista e especialista en desenvolvemento infantil, trasladrá o seu espectáculo de contacontos ao barrio de San Bieito na data 15 de maio , para o disfrute dos nenos/as do noso Concello.
Como extensión do seu programa de biblioterapia infantil, “Contos que curan” (unha colección de boletíns que se publican periodicamente desde a biblioteca, para previr e xestionar distintos problemas emocionais na infancia), a biblioteca do Porriño ofrece tamén distinta sesións de contacontos nas instalacións da biblioteca.
Así, de marzo a xuño, os segundos xoves de cada mes ás 17:30, a contacontos Mireia Casal escolle un dos contos recomendados na publicación para leer ao nenos e nenas de 3 a12 anos de idade.

