O Concello de Mos celebra o próximo 30 de abril a quinta edición do festival Camiño da Rosa, unha proposta cultural gratuíta que se consolida como unha das citas destacadas do calendario festivo, combinando lecer, participación xuvenil e promoción do talento emerxente.
Como novidade de última hora, o artista Xmaseda65 incorpórase ao cartel do festival Camiño da Rosa tralo interese amosado polo público nas últimas semanas nas redes do festival.
O Concello de Mos celebrará así unha nova edición deste evento, que acada o seu quinto ano consolidándose como unha cita de referencia dentro da programación cultural do municipio na contorna do Pazo de Mos.
No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, a concelleira Julia Loureiro e Lage, un dos DJ que actuarán o día 30 en Mos.
O evento contará coa participación de 8Belial, Lg1do, Skinyz, Borja Solla, Elegnelo e Lage, aos que agora se suma Xmaseda65, configurando unha proposta musical orientada á escena urbana e electrónica.
A programación desenvolverase ao longo da tarde-noite co seguinte calendario de actuacións:
- 19:30 h — Elegnelo
- 21:00 h — Lage
- 22:30 h — Xmaseda65
- 22:45 h — Lg1do
- 23:15 h — Borja Solla
- 00:45 h — 8Belial
- 01:45 h — Skinyz
O formato combina sesións continuadas con transicións dinámicas entre artistas, “favorecendo unha experiencia musical fluída ao longo de toda a xornada”, explican dende a organización.

