Venres, Abril 24, 2026
HomeO PaísA CoruñaSantiago logra o visto e prace da Xunta para declarar a cidade...

Santiago logra o visto e prace da Xunta para declarar a cidade zona residencial tensionada

A Xunta de Galicia vén de aceptar a solicitude do Goberno local de Santiago para conceder á cidade a declaración de zona residencial tensionada.

Deste forma, Santiago de Comportela converterase na segunda cidade da comunidade que completa este trámite, tras realizalo A Coruña en xullo do pasado ano 2025.

Non é a primeira vez que o Concello da capital galega intenta conseguir esta condición, pois o pasado verán a Xunta rexeitou o primeiro informe remitido polo goberno local, ao considerar uqe “non se axustaba ao previsto na lei”.

Tras correxir os datos requiridos, o equipo de goberno volveu enviar de novo o informe á Xunta de Galicia o pasado mes de marzo, tras o cal acadou a resolución favorable.

Agora será o Concello de Santiago o que teña que presentar un plan de acción e, a continuación, o Goberno central recollelo no Boletín oficial del Estado (BOE).

A pesar de dar o visto e prace á solicitude, a Xunta considera que a declaración de zona tensionada “non funciona”, e pon o exemplo da cidade da Coruña, onde sostén que non “lograron reducir os prezos de alugueiro e, pola contra, desde o pasado me de xullo provocou unha diminución de inmobles dispoñibles”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS