Xoves, Abril 23, 2026
HomeNewsActualidadeUnha decena de detidos no Salnés no operativo contra a venda de...

Unha decena de detidos no Salnés no operativo contra a venda de cocaína, heroína e haxix

A Policía Nacional e a Garda Civil veñén de efectuar un operativo contra o tráfico de substancias estupefacientes en varios puntos da comarca do Salnés. Do mesmo modo, todo apunta a que a operación non se limita a esa comarca e abarcará máis zona que a comunidade galega.

Segundo fontes cercanas ao caso, os axentes realizaron rexistros este mércores en localidades de Vilagarcía de Arousa, A Illa, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Actuaron co apoio dun helicóptero.

Durante a operación, que estivo dirixida pola maxistrada da Sección Civil de Instrución do Tribunal de Instancia de Caldas de Reis, praza número dous, producíronse unha decena de detencións. A xuíza decretou o segredo de sumario sobre este operativo.

Desta forma, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está previsto que os detidos pasen á disposición xudicial este venres.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS