Xoves, Abril 23, 2026
HomeNewsActualidadeCuba extradita ao ourensán Martiño Ramos, exprofesor condenado por violar unha menor

Cuba extradita ao ourensán Martiño Ramos, exprofesor condenado por violar unha menor

O ourensán Martiño Ramos Soto, detido en Cuba tras fuxir para non cumprir unha condena de 13 anos e medio de cárcere por violar unha menor de idade, foi finalmente extraditado de volta a España o pasado mércores.

Segundo informaron fontes cercanas ao caso, o exprofesor embarcou este mércores nun avión con Rumbo a Madrid tras aceptar “voluntariamente” o seu traslado a España para cumprir a pena de privación de liberdade, cinco meses despois da súa detención en Cuba.

O profesor ourensán, de 50 anos de idade, foi arretado na Habana o pasado mes de novembro, tras ser requerido pola Audiencia Provincial de Ourense e tras un proceso de colaboración entre os dous países.

No momento da detención, Ramos Soto era un dos dez nomes reclamados pola xustiza española, cuxa localización e arresto eran prioritarios para a Sección de Fuxitivos.

Segundo informan, en Cuba, o fuxido fíxose pasar por fotógrafo, a nombre de Martín Soto, tratando de formar parte da cultura Cubana. Tal e como comunicaron varias testemuñas, empregaba a excusa da fotografía para contactar con mulleres novas; aínda que non consta que teña ningunha denuncia no país.

A maiores, en febreiro deste 2026 perdeu a súa praza de mestre, conforme á pena de inhabilitación imposta.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS