sábado, febrero 15, 2025
InicioNewsActualidadeDetidas dúas persoas en Arbo cunha tonelada de cobre subtraído

Detidas dúas persoas en Arbo cunha tonelada de cobre subtraído

Dúas persoas detidas en Arbo por unha patrulla da Garda Civil tras ser interceptadas con 1000kg de cable de cobre de procedencia descoñecida a bordo da furgoneta na que circulaban.

Tras unha investigación previa, a Garda Civil conclúe que o cable foi subtraído no mesmo día da detención na localidade ourensá de Maceda. Nese momento, son detidos tanto o conductor como o acompañante, dous varóns de 31 e 29 anos con domicilio en Crecente.

Segundo informan fontes cercanas ao caso, un dos homes xa presentaba antecedentes contra o patrimonio. Ambas persoas foron postas en liberdade en sede policial, tras a toma de declaracións.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Ponteareas, onde comparecerán os detidos cando sexa requerido.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS