viernes, diciembre 6, 2024
InicioNewsActualidadeA Deputación de Ourense propón un "programa de respiro" para as persoas...

A Deputación de Ourense propón un «programa de respiro» para as persoas maiores afectadas pola DINA en Valencia

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, vén de propor no Congreso Internacional de Termalismo celebrado en Archena (Murcia) a posta en marcha dun «programa de respiro» para as persoas maiores que sufriron as consecuencias da DINA na Comunidade Valenciana.

Luis Menor asegurou que a iniciativa «xa conta co visto bo dalgúns balnearios da provincia de Ourense» e asegura que «solicitou a incorporación de balnearios de toda España», co fin de poñer a disposición plazas termais para as persoas afectadas.

«A nosa aportación sería humilde fronte á gran cantidade de necesidades destas persoas» dixo o presidente provincial, quen pediu tamén o «apoio de máis administracións e vilas termais para ofertar un volume suficiente de prazas balnearias e poder chegar así a máis persoas«.

Segundo informou durante o congreso, a Deputación de Ourense xa mantivo contacto con algúns dos municipios máis afectados da comunidade valenciá, «que están valorando a proposta». «A través dos seus servizos sociais municipais, un determinado número de persoas terían a posibilidade de desconectar da dura realidade que viven cunha estancia nun balneario, contribuíndo así á súa recuperación anímica e física» asegurou Menor.

Ademais, a iniciativa foi presentada a Renfe para poder ofrecer este medio de transporte dentro da proposta. Do mesmo xeito, tamén foi trasladada a idea á Rede de Cidades Saudables da FEMP.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS