martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello de Ponteareas incorpora un novo policía local no seu cadro...

O Concello de Ponteareas incorpora un novo policía local no seu cadro de persoal

A concellería de Seguridade do Concello de Ponteareas deu a benvida ao novo axente da Policía Local de Ponteareas que tomou posesión da súa praza no salón de plenos do Concello tras superar o período de prácticas.

Segundo explica o tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade, Juan Carlos Carrera, na actualidade a unidade da Policía Local de Ponteareas conta con esta nova incorporación con quince policías e un policía en prácticas, un oficial e unha oficial xefa da Policía Local.

Juan Carlos Carrera salienta «o importante traballo que realizan os axentes da Policía Local contribuíndo xunto coa Garda Civil a dar seguridade cidadá no día a día e tamén no desenvolvemento de eventos e actividades ademais de apoiar o cumprimento das normativas para unha boa convivencia».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS