martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasNigrán proxecta a película "O corno" de forma gratuita este sábado

Nigrán proxecta a película «O corno» de forma gratuita este sábado

O Concello de Nigrán proxecta este sábado 9 de novembro o film galego «O corno». Trátase dun traballao audiovisual rodado en galego e dirixido por Jaione Camborda e que se fixo coa Concha de Oro do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Ademais, unha das súas protagonistas é a actriz porriñesa Janet Novás.

Deste xeito, os amantes e as amantes do cine galego poderán visionar este film o sábado partir das 22:00 horas no Auditorio Municipal e a entrada é libre ata completar aforo. A actividade enmárcase na programación especial do Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero que promove o Concello de Nigrán e no que se contempla outras actividades como unha obra de teatro ou un obradoiro de canto, entre outras cuestións.

O corno

Así, os espectadores e as espectadores descubrirán a historia de María, unha muller que se gaña a vida recollendo marisco na Illa de Arousa do ano 1971. Ademais, tamén é recoñecia entre a veciñanza por axudar a outras mullerres no parto con pescpecial dedicación e coidado.

Tras un suceso inesperado, María fuxe e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola súa supervivencia. En busca da súa libedade, María decide cruzar a fronteira por unha dos roteiros de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

Máis actividades

Dentro da programación especial polo 25-N, o Concello inclúe outras actividades como é o caso dunha obra de teatro en clave de humor que terá lugar o sábado 16 de novembro a partir das 20:00 horas. A compañía Matrioshka Teatro subirase ás tablas do Auditorio Municipal para interpretar a peza «Comando Comadres». Pola súa banda, a actriz e dramaturga Paula Carballeira interpretará o monólogo «Os contos que elas me contaron» o próximo sábado 23 de novembro.

A violencia mídese

O Concello de Nigrán deseñou para todo o mesde novemebbro unha campaña co lema «A violencia mídese! Non ignores os sinais», mostrando as diferentes formas de violencia que se manifestan na vida cotiá e que a maioría das veces non se teñen en conta ou se confunden. A adminsitración local indica que «permite visibilizar a progresión da violencia machista nas relacións de parella, para chamar a atención sobre condutas baseadas en estratexias de illamento, control ou desvalorización que se non se paran a tempo rematan nunha situación de difícil saída ou mesmo a morte».

A maiores, o Concello deseñou o obradoiro de canto «Con voz propia», actividade que mestura as estratexias propias do ensino convencional do canto cun enfoque músico-terapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional e o apoderamento das mulleres. Do mesmo xeito, nos centros educativos están tendo lugar as charlas teatralizadas «A violencia de xénero nos videoxogos» e realizarase o contacontos «Somos iguais. Contos pola igualdade» a cargo de Raquel Quizás.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS