martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcas"Alzhéimer de preto" chega ao Porriño con información e apoio ás familias...

«Alzhéimer de preto» chega ao Porriño con información e apoio ás familias afectadas

Este xoves 7 de novembro chega ao Porriño a primeira das sesións informativas “Alzhéimer de preto”. Esta iniciativa foi impulsada Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras Demencias (FADEAL) en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Na sesión ofrecerase unha primeira aproximación á enfermidade e a súa evolución. Tamén pautas que poida facilitarlle o día a día ás familias coidadoras e asesoramento sobre os recursos dispoñibles.

Trátase dunha charla informativa impartida por profesionais de AFAGA Alzhéimer, a psicóloga Alba López e a traballadora social Diana Rodríguez. Ademais, está dirixida principalmente a coidadores de persoas cunha demencia neurodexenerativa, pero tamén a persoas diagnosticadas en fase moi temperá. Non obstante, calquera que teña inquedanza sobre esta enfermidade pode asistir.

“Alzhéimer de preto” pretende romper as barreiras que moitas veces se atopan as persoas que viven no rural. E é que as cifras así o requiren. Na provincia de Pontevedra estímase que hai 18.629 persoas con alzhéimer ou outro tipo de demencia dexenerativa. Na actualidade, afecta ao 12,5% das persoas maiores de 65 anos e ao 31,25% das que superan os 85 anos.

No Porriño haberá dúas quendas. A primeira será este xoves 7 de novembro e a segunda o xoves 14 de novembro, ambos os días de 16.30 a 18.30 horas no Centro Cultural Municipal. A entrada é libre ata completar aforo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS