martes, noviembre 12, 2024
InicioNewsActualidadeTráfico pide que se eviten os desprazamentos á provincia de Castellón salvo...

Tráfico pide que se eviten os desprazamentos á provincia de Castellón salvo «por forza maior»

A Dirección Xeral de Tráfico vén de pedir que, salvo por causa de forza maior, se eviten os desprazamentos cara á provincia de Castellón logo de que a Axencia Estatal de Metereoloxía establecera unha alerta por chuvias e tormentas.

De feito, no perfil oficial da Axencia, apuntan que «o día 1 de novembro haberá perigo importante por chuvias e tormentas en zonas da área mediterránea peninsular, provincia de Huelva e Baleares«.

Este aviso chega logo de que a DANA arrasara a área metropolitana de Valencia. Unha «traxedia» tal e como calificou o presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, en Si Radio. A riada cobrouse a vida de, polo de agora, 158 persoas. Os corpos trasládanse á morgue que se habilitou na Cidade da Xustiza de Valencia.

A meirande parte das persoas falecidas forman parte do municipio de Paiporta, que se sitúa a 10 quilómetros da cidade de Valencia. Séguella as pedanías de La Torre e Castellar.

Neste contexto, o Concello de Paiporta vén de comunicar que habilitáronse puntos de reparto de auga para o consumo humano en varios puntos da localidade como é o caso do Centro de Saúde, Auditorio e o CEIP Jaume I.

Pola súa banda, Galicia colabora coa Comunitat Valenciana nos labores de recate co helicóptero de rescate Pesca I que ten a súa base en Vigo e que xa leva operando 24 horas na provincia de Valencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS