martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño transfórmase nun escenario de terror con túnel de medo e...

O Porriño transfórmase nun escenario de terror con túnel de medo e invasión de calacús

A Casa Consistorial converterase nun auténtico castelo do terror e criaturas horripilantes tomarán o control desafiando a grandes e pequenos a enfrontarse aos seus peores pesadelos

Porriño transformarase nun escenario de auténtico terror coa celebración do Samaín, unha noite na que os espíritos vagan e as criaturas da escuridade cobran vida. A xornada do xoves 31 de outubro comezará coa tradicional exposición de calacús, onde os pequenos artistas dos colexios puxeron o seu enxeño e creatividade. Tamén fixeron uso do seu arte os usuarios de Aceesca e Afaga e o resultado é máis de 500 calacús que adornarán o centro da vila. Desde a Fonte do Cristo ata o final do barrio de San Benito, estas terroríficas obras de arte iluminarán as rúas coa súa sinistra beleza.

Pero iso non é todo. Na véspera do día de Todos os Santos, a Casa do concello converterase nun auténtico castelo do terror. Criaturas horripilantes tomarán o control, desafiando aos máis valentes a entrar e enfrontarse aos seus peores pesadelos. Desde as 17.00 ata as 19.45 horas, o Concello encherase de risas e berros no túnel do terror infantil. Despois, na praza os nenos poderán mover os osiños co arrepiante espectáculo “A bailar esqueletes”. Aqueles pequenos que se atrevan a participar recibirán un agasallo como recoñecemento á súa valentía.

A partir das 20.15 horas, o túnel do terror intensificarase para recibir aos maiores, prometendo unha experiencia aínda máis aterradora. Advertimos que será peor! E para aliviar un pouco a tensión, a noite culminará cunha sesión DJ na praza, onde todos poderán deixar atrás o medo e gozar da música. Desde o Concello do Porriño convidan «á veciñanza a defender a súa casa consistorial e disfrutar desta noite de terror e diversión».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS