lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsActualidadeOs incendios de Crecente e dunha nave en Tomiño declarados 'zonas catastróficas'

Os incendios de Crecente e dunha nave en Tomiño declarados ‘zonas catastróficas’

O ‘Consejo de Ministros’ ven de declarar 176 territorios como ‘zonas gravemente afectadas por emergencias de protección civil’. Catro deles están situados en Galicia

O ‘Consejo de Ministros’ aprobou este martes 1 de outubro a declaración de 176 territorios de catorce comunidades autónomas como zonas gravemente afectadas por emerxencias de protección civil, o que antes se coñecía como ‘zona catastrófica’. Catro destas zonas atópanse en Galicia, dúas delas ubicadas na provincia de Pontevedra.

Estas dúas son Tomiño, debido ao grave incendio indistrian orixinado nunha nave de produtos hostícolas o pasado mes de maio; e a parroquia de Filgueira, no Concello de Crecente, debido ao incendio forestal que sufriu a principios de setembro e que calcinou cerca de 300 hectáreas.

A lei 17/2016 do 9 de xullo do Sistema Nacional de Protección Civil, permite aos damnificados das zonas declaradas ‘gravemente afectadas por emerxencias de protección civil’ reclamar axudas para paliar os danos causados.

Deste xeito, as axudas contemplan importes de hasta 18.000 euros por falecemento ou incapacidade absoluta e permanente, que no caso de Tomiño e Crecenete non serán necesarios xa que non existiron danos persoais.

No caso concreto de Tomiño, a lei contempla a indemnización para os titulares de establecementos industriais, mercantís e de servizos, incluído os agrarios, co que se poderán beneficiar dunha axuda de ata 9.224 euros.

Tamén terán acceso ás axudas as corporacións locais de Tomiño e Crecente polos gastos derivados de actuacións inaplazables.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS