lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísA instalación temporal arredor de Méndez Núñez abrirá as súas portas o...

A instalación temporal arredor de Méndez Núñez abrirá as súas portas o mércores

Simultaneamente co seminario polo bicentenario do seu nacemento, no claustro do Edificio Sarmiento poderán verse obxectos persoais do mariño, documentos, fotografías, lenzos e unha maqueta de época da fragata Numancia

O Museo de Pontevedra acolle este mércores o seminario “No bicentenario de Casto Méndez Núñez”, que organiza xunto co Instituto de Historia e Cultura Naval e a Escola Naval Militar. Este evento será inaugurado polo vicepresidente da Deputación Rafa Doínguez e a xornada de conferencias concluirá ás 19.30 horas. Neste horario terá lugar unha instalación temporal arredor de Méndez Núñez. Esta contará cunha selección dos fondos da colección do Museo relacionados co mariño, que poderá visitarse no Edificio Sarmiento ata o 10 de novembro.

A instalación temporal ocupa un dos corredores do claustro, mostrando unha pequena escolma dos amplos fondos do Museo vinculados a Méndez Núñez. Trátanse tanto de obxectos e documentos persoais como esculturas e pinturas que reflicten a súa popularidade. Tamén fai referencia á transcendencia social do combate de El Callao (Perú), que lle deu sona.

A maior parte dos fondos que se mostrarán exhibíronse ata 2013 nunha sala que recreaba o seu despacho e na reconstrución da cámara da fragata blindada Numancia. A eles hai que engadir outros conservados e os que forman parte dos fondos documentais. Ademais, inclúense nesta escolma diarios de navegación e outros documentos, fotografías e obxectos persoais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS