lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísUn veciño da Estrada detido por un presunto delito de tráfico de...

Un veciño da Estrada detido por un presunto delito de tráfico de drogas

A Garda Civil da Estrada detivo a un veciño da localidade por un presunto delito de tráfico de drogas polo miúdo.

O proceso de investigación comezou tras detectar un anormal e continuo trasfego de coñecidos consumidores de drogas nun domicilio do municipio. Isto xenerou unha alarma social entre veciños e comerciantes que se atopaban preto da vivenda.

Desta forma, na mañá do xoves día 26, estableceuse un operativo entre a Garda Civil da Estrada, USECIC da Comandancia e o Equipo de Policía Xudicial de Lalín. Ademais, contaron coa participación dun guía canino co seu can especialista en drogas. Así, chegouse á detención dun home de 42 anos, veciño da Estrada, que contaba con antecedentes policiais.

Tras a súa detención, realizouse un rexistro no seu domicilio, onde interviro 15,54 gramos de cocaína, 16 de marihuana e 8,5 gramos de haxix. Por outro lado, tamén atoparon diferentes utensilios usados para a preparación das dosis.

Na vivenda tamén se incautaron 760 euros en efectivo e unha báscula de precisión e que estaba relacionada coa actividade delictiva.

Tanto a persoa detida como as dilixencias instruídas puxéronse a disposición do Xulgado de Instrucción Nº1 da Estrada, onde finalmente decretaron a súa liberdade provisional con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS