domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeSoutomaior reunirase cos propietarios das parcelas onde construirase o ecoparque empresarial

Soutomaior reunirase cos propietarios das parcelas onde construirase o ecoparque empresarial

O alcalde, Manu Lourenzo, sinalou que «o proxecto será un paso xigante para modernizar e mellorar o modelo económico do concello»

O Concello de Soutomaior manterá este xoves, 3 de outubro, unha reunión coas persoas propietarias das parcelas da zona da Montesiña, o espazo onde se ten previsto a construcción dun ecoparque empresarial.

A reunión terá lugar na Casa do Concello ás 19:00 horas. Nela, a entidade local busca falar coas persoas que teñen algún dos espazos onde terán lugar as obras do «ambicioso proxecto», como sinalan dende o Concello.

O obxectivo é convertir Soutomaior nun «potente foco de atracción de empresas, o que a súa vez axudará ao desenvolvemento económico de toda a zona» explicaban dende a entidade local.

Na reunión con estes veciños, tamén estará presente o arquitecto e urbanista, Xabier Rivas Barreiro, quen xunto co seu equipo, encargáronse de redactar o proxecto deste ecoparque empresarial.

As actuacións que se levarán a cabo

No proxecto contémplase unha grande zona verde, dotando ao ecoparque dun carácter moderno e traballado con espazos de lecer. Desta forma, convértese nun espazo pensado para PEMES vencelladas co sector secundario ou comercial.

O desenvolvemento deste proxecto, indican dende o Concello de Soutomaior, non suporá un incremento substancial do tráfico pesado e contribuirá a vertebrar o municipio a través dunha zona urbanizada, ben alumeada e cunha superficie comercial dotada de dinamismo económico, vida e mobilidade.

O alcalde, Manu Lourenzo, sinalou que “estamos a proxectar unha ampla área comercial e empresarial que suporá un antes e un despois para a vida en Soutomaior, trátase duna área empresarial rodeada de zonas verdes e instalacións deportivas, que está chamada a ser un núcleo de progreso e de desenvolvemento económico”.

“Un polígono que ademais terá liña de horizonte co fin de integralo na paisaxe polo que as novas naves non suporán elementos que distorsionen» indicaba o rexedor.

Lourenzo considera que este está pensado para dar «resposta á demanda de moitos empresarios que precisan desta superficie para medrar e desenvolver a súa actividade no concello. Isto supón un paso xigante para a economía do noso concello».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS