domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsComarcasO Sergas abre o prazo para elexir o hospital na área sanitaria...

O Sergas abre o prazo para elexir o hospital na área sanitaria de Vigo

Poderán solicitar o cambio de hospital os pacientes dos concellos de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e de determinados centros de saúde de Vigo

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución pola que se procede á apertura do período de elección de provisor de asistencia sanitaria especializada na área sanitaria de Vigo.

Así, o Servizo Galego de Saúde garante que os pacientes poidan elixir libremente o seu centro hospitalario de referencia, optando entre o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ou o Hospital Povisa.

As persoas beneficiarias que poderán facer efectivo o dereito á libre elección do paciente de provisor de asistencia sanitaria especializada serán:

  • Centros de saúde dos concellos de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar
  • Concello de Vigo dos centros de saúde de Coia, Bouzas, Coruxo, Navia, López Mora, Pintor Colmeiro, Nicolás Peña, Rosalía e Beiramar

As solicitudes de cambio, realizaranse no prazo comprendido de 30 días naturais a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia da citada resolución, é dicir, a partir de mañá.

No que atinxe á documentación necesaria, deberá achegarse a solicitude segundo os modelos que estarán dispoñibles na páxina web do Servizo Galego de Saúde, ademais de documento identificativo do solicitante.

Se a petición a presenta un titor ou titora legal ou outra persoa autorizada, deberá presentarse tamén unha fotocopia do documento identificativo do solicitante e un documento que acredite a devandita titoría legal ou, no seu caso, o orixinal da autorización específica da persoa interesada.

A solicitude presentarase no centro de saúde que, por razón de residencia, lle corresponda á persoa interesada, ou nos servizos de admisión de calquera dos centros hospitalarios integrados na área sanitaria de Vigo. Tamén será posible efectuar a opción de cambio a través da internet, nas condicións que se explicitan na páxina web do Sergas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS