domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsComarcasO edificio da Capitanía Marítima de Baiona comeza a súa rehabilitación

O edificio da Capitanía Marítima de Baiona comeza a súa rehabilitación

Prevén que as obras rematen no vindeiro mes de febreiro

O Ministerio de Fomento iniciará mañá a restauración do edificio da Capitanía Marítima de Baiona por un importe de case 115.000 euros. Estímase que o tempo de execución sexa de catro meses, polo que se calcula que se finalizarán no próximo mes de febreiro.

Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona, sinalou que “a principios de 2025, poderemos contar con este local rehabilitado». Ademais, o rexedor indicou que a raíz destas obras dáse «unha cobertura cultural ao Concello de Baiona»

As obras están destinadas a que o edificio poida ser un «espazo libre que se dedican á celebración de todo tipo de actos, como conferencias, exposicións ou presentacións públicas”.

Os problemas a tratar nas labores de rehabilitación

A entrada de auga ao edificio ocasionou importantes danos, que afectaron tanto á planta baixo cuberta como á planta baixa e ao edificio lindeiro. Por outro lado, tamén se estragaron paramentos verticais, falsos teitos, pavimento de tarima, carpinterías e elementos de remate.

Ademais, apareceron importantes colonias de fungos tanto na pedra de granito como nos paramentos de xeso.

A construcción do edificio data de comezos do século XX

O edificio obxecto da intervención pertence ao Ministerio Transporte, Movilidad e Axenda Urbana / Dirección xeral da Marína Mercante, e atópase en pleno paseo marítimo de Baiona.

Hai que ter en conta que o inmoble atópase dentro do centro histórico, sometido ao Plan Especial do Conxunto Histórico-Artístico de Baiona, xa que é unha edificación construida a principios do século XX.

O edificio foi totalmente rehabilitado en 2003 para adaptalo ás necesidades do Distrito Marítimo. Consta de planta baixa e primeira, onde a planta baixa destínase a zona de atención ao público e outras dependencias do Distrito Marítimo e a superior é diáfana dedicada a usos múltiples.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS