domingo, octubre 6, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda acolleu a presentación da nova marca "Galicia Suroeste"

A Guarda acolleu a presentación da nova marca «Galicia Suroeste»

O Xeodestino deu a coñecer a súa renovada marca na localidade guardesa, que te como obxectivo impulsar un turismo «máis competitivo»

A nave das Redeiras da Atalaia, acolleu o acto de presentación da nova marca do Xeodestino. Alcaldesas, alcaldes e edís dos 14 concellos do Xeodestino participaron nun evento de networking en conmemoración ao lanzamento da nova marca.

Cunha imaxe fresca, auténtica, orgánica e amable e agora baixo o nome de Galicia Suroeste, busca atraer a viaxeiras e viaxeiros a través de experiencias únicas que combinen natureza, patrimonio, enogastronomía e calidade nos 14 paraísos naturais do territorio.

A súa finalidade é poder construír unha nova forma de viaxar, activa e actualizada, na que o Xeodestino sexa o gran protagonista.

Un traballo conxunto que destacou o alcalde A Guarda, Robero Carrero, sinalando que “xerar sinerxías entre os concellos, compartir experiencias e dinámicas e traballo sempre é positivo. Levamos moitos anos traballando nesta aposta expresa polo turismo de proximidade para converter o Xeodestino nun destino de referencia para Galicia e para España”.

O acto tamén contou coa participación do Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; co Xefe Provincial en Pontevedra da Axencia de Turismo de Galicia, Felipe Ferrero; e coa deputada de Turismo, Nava Castro.

Durante a xornada, as diferentes empresas locais, que desempeñaron un papel fundamental na creación dun produto turístico interesante para ofertar no Xeodestino, tiveron a oportunidade de participar en dinámicas de networking, fomentando sinerxías e colaboracións que garantan a excelencia de cara a próximas accións.

O Xeodestino encádrase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) ‘A Despensa de Galicia’, un programa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo financiado con fondos europeos Next Generation EU co que promover intervencións integrais para crear destinos turísticos sostibles e resilientes fronte aos efectos do cambio climático.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS