sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta lanza unha nova liña de axudas para o sector termal

A Xunta lanza unha nova liña de axudas para o sector termal

Estas axudas incluiranse nun plan específico que está previsto que se aprobe antes de fin de ano co obxectivo de seguir apostando por un eido no que Galicia é a segunda potencia a nivel europeo

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonómico está ultimando unha nova liña de axudas de ata 8 millóns de euros destinadas a modernizar e mellorar as instalacións termais.

Esta liña de axudas forma parte dun plan específico máis amplo para potenciar este sector en Galicia, tal e como explicou no día de hoxe na súa intervención na edición de Termatalia que está tendo lugar en Ourense.

Rueda lembrou que Galicia é a primeira potencia termal en España e a segunda en Europa, un sector que xera 19.000 empregos na comunidade e que atraeu o ano pasado preto de 190.000 turistas.

O presidente salientou que o termalismo reúne todas as características do modelo turístico polo que aposta a Xunta, «un turismo sostible, de calidade e que permite desestacionalizar a chegada de viaxeiros á comunidade». Neste sentido, fixo un chamamento a saber aproveitar as “posibilidades turísticas, medicinais e de promoción que ofrecen as augas termais».

Está previsto que o Plan específico para o termalismo se poña en marcha antes de que finalice o ano, contando con esa liña de axudas que virían dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Ademais, contempla a creación dunha Mesa de Termalismo para fomentar a colaboración entre distintas áreas da Xunta neste eido e a creación dun Observatorio Termal para avanzar na investigación e profesionalización.

Unhas medidas que se suman ao Plan Territorial de Sostibilidade Turística de Vilas Termais e Cascos históricos que promove melloras en áreas termais e que conta cun orzamento de máis de 21 millóns de euros ata 2026.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS