martes, octubre 15, 2024
InicioO PaísA CoruñaAvance das iniciativas do novo período do programa Leader

Avance das iniciativas do novo período do programa Leader

A conselleira María José Gómez participou esta mañá nunha reunión de traballo cos presidentes e presidentas dos GDR para abordar diversas cuestións relacionadas co convenio

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta mañá unha reunión cos presidentes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia. Tamén estivo presente a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez. Nesta xuntanza trataron diversas cuestións relacionadas co novo período do programa Leader.

O motivo desta xuntanza, que tivo lugar no Pazo de Quián, en Boqueixón, era falar de futuro e das novas oportunidades e retos a abordar, co fin de que se convertan en realidades prósperas. A conselleira reafirmou o importante labor que desenvolven estas entidades en ámbitos diversos, focalizados no fomento do emprego nas contornas rurais da nosa comunidade e co obxectivo de facer agromar e canalizar iniciativas e proxectos que contribúan e impulsen a dinamización.

Este novo período da medida Leader está enmarcado no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027. Cabe sinalar que esta será a primeira convocatoria ao abeiro do Pepac, xa que durante o período 2014-2020 esta medida estaba incluída no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR).

Así, lembrou que do orzamento total, que ascende aos 56,9 millóns, preto de 18 millóns se
destinarán aos gastos de funcionamento dos GDR. Os 39,3 millóns de euros restantes van dirixidos ao desenvolvemento de operacións a terceiros. Esta parte repartirase entre aquelas estratexias elaboradas polos GDR que foran seleccionadas para este convenio. O orzamento vaise executar a través de diferentes liñas de axudas ás que poderán optar concellos, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS