sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeSalvaterra contará cun punto limpo móbil que se moverá polas parroquias

Salvaterra contará cun punto limpo móbil que se moverá polas parroquias

O Concello de Salvaterra ven de recibir un vehículo 100% eléctrico que se destinará a Punto Limpo Móbil, adquirido a través dunha subvención por parte da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao mecanismo de recuperación e resilencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU.

A actuación contemplada por parte do Concello nesta orde implica a compra dun vehículo 100% eléctrico, con gancho multifift e dúas caixas de recollida de residuos para desprazala dun lugar a outro, unha pechada con compartimentos para recoller pequena chatarra electrónica, pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes entre outros e outra aberta; ademais da adquisición de elementos de información e a formación do persoal encargado do servizo por un importe de 71.380,00€, financiado en 63.528,00€ pola Xunta de Galicia e cofinanciada en 22.840,80€ polo Concello de Salvaterra de Miño.

Este Punto Limpo estará destinado á recollida de residuos urbanos non convencionais naqueles puntos e eventos que o Concello estime de interese, para favorecer a prevención, a recollida separada e para a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais. Os obxectivos principais que se pretenden acadar con este vehículo son a mellora do servizo de recollida de residuos especiais municipais, que chegará de xeito directo á veciñanza, xa que se irá colocando en diversos puntos do termo municipal; incrementar as porcentaxes de recollida selectiva de residuos de pequeno tamaño sen recollida convencional como pequenos electrodomésticos, pilas, baterías…; reforzar a recollida en puntos de especial afluencia de xente como poden ser feiras, festas ou outros tipos de eventos; contribuido desde o ámbito municipal ó cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas; e así introducir e popularizar entre a veciñanza de Salvaterra conceptos como a corresponsabilidade e de economía circular para que paulatinamente se vaia interiorizando por parte da veciñanza.


Esta actuación enmárcasse dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible elaborado polo concello. O vehículo 100% eléctrico, con gancho multifift e unha caixa de recollida de residuos para desprazala dun lugar a outro do municipio, conta tamén con compartimentos para recoller pequena chatarra electrónica, pequenos electrodomésticos, pinturas, aceites, baterías e pilas, lámpadas e fluorescentes entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS