martes, octubre 15, 2024
InicioO PaísA CoruñaO estudantado galego chamado a mobilizarse polo dereito á vivenda

O estudantado galego chamado a mobilizarse polo dereito á vivenda

A organización estudantil ten convocadas mobilizacións nas sete cidades principais de Galicia a vindeira cuarta feira para a folga do 2 de outubro, baixo o seu lema “O estudantado polo dereito á vivenda”

A organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza convoca unha folga estudantil o vindeiro 2 de outubro. O obxectivo é reivindicar o dereito á vivenda para todo o estudantado galego. Esta mobilización responde á crecente precariedade que están a sofrer as estudantes de toda a comunidade. Esta é debido ao incremento desmesurado do prezo dos alugueres e a falta de vivendas en condicións accesibles nas principais cidades.

«A especulación coa vivenda, favorecida por políticas neoliberais, está a deixar fóra das cidades ás estudantes, convertendo un dereito fundamental nun privilexio para unhas poucas. Non estamos dispostas a aceptalo. Reclamamos unha vivenda digna, accesible e segura para todas as estudantes!’’ defenden dende Erguer.

Dende Erguer, sinalan que a crise da vivenda é unha problemática estrutural máis sairán ás rúas con tres proclamas que axudarán a mellorar a condición de vida do estudantado galego. A primeira é máis prazas en residencias públicas. Erguer esixe un incremento do número de prazas dispoñibles, así como a mellora das infraestruturas das actuais residencias. A creación dunha bolsa de vivenda pública para o estudantado é outra das propostas. A través da compra, rehabilitación ou construción de inmóbeis nas sete cidades galegas, a prezos populares para o estudantado.Por último, a regulación dos prezos do aluguer, freando os abusos especulativos. Empregar as competencias do goberno galego para frear a especulación e garantir o acceso a unha vivenda digna.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS