sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasA Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas participará en FLORA

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas participará en FLORA

A organización ponteareana, xunto coa Delegación de Cultura del Ayuntamiento de Córdoba, realizará unha alfombra floral en homenaxe a Julio Romero de Torres no Festival Internacional de las Flores

FLORA, o Festival Internacional de las Flores, acaba de anunciar dúas das actividades que terán lugar na súa próxima edición. Unha delas contará coa colaboración da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, a elaboración dunha alfombra floral en homenaxe a Julio Romero de Torres, que se levará a cabo o 20 de outubro de 10.00 a 14.00 horas na Plaza del Potro.

A outra actividade será Raíces del Fonoceno, unha instalación sonora que se poderá visitar nos Jardines del Huerto de Orive. As visitas serán os días 19 e 20 de outubro de 18.00 a 22.00 horas o sábado e de 11.00 a 22.00 horas o domingo. Ambas as accións presentáronse a modo de avance para abrir boca antes da presentación oficial da programación que terá lugar o próximo 30 de setembro.

A Alfombra floral en homenaxe a Julio Romero de Torres será, sen dúbida, unha das actividades máis especiais desta edición. Nesta acción a tradición e contemporaneidade daranse a man para celebrar o 150 aniversario do soado pintor cordobés. No marco de FLORA, esta organización ponteareana xunto coa Delegación de Cultura del Ayuntamiento de Córdoba conmemorarán a efeméride o 20 de outubro coa creación dunha alfombra floral, deseñada pola artista Carlota Pereiro e inspirada no imaxinario de Julio Romero de Torres.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS