sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra de Miño acolle un curso gratuito de dixitalización aplicada

Salvaterra de Miño acolle un curso gratuito de dixitalización aplicada

Este programa de formación desenvolverase en cinco datas diferentes na Casa da Cultura do municipio

Este mércores deu comezo o primeiro dos cursos de dixitalización aplicada na nova aula da Casa Cultura de Salvaterra de Miño. En total son 15 alumnos que a través dunha formación de 30 horas de duración aprenderán a identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais, avaliando a súa finalidade e relevancia para as distintas tarefas profesionais.

A primeira edición rematará o 27 de setembro e as seguintes datas están repartidas entre os meses de outobro e novembro. O espazo físico onde se imparten as clases é un lugar adecuado con equipamento informático conectado a rede de Internet que permite levar a cabo a formación en competencias dixitais transversais.

Todo isto é posible porque o concello de Salvaterra de Miño entrou a principio deste ano a formar parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Financiado pola Unión Europea Next Generation EU. A súa finalidade é crear unha rede estatal de centros de capacitación dixital, no ámbito do Sistema de Formación Profesional, en entidades locais, que se integrará como parte da rede estatal de centros de capacitación dixital.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS