sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta inviste máis de 8 millóns de euros na renovación dos...

A Xunta inviste máis de 8 millóns de euros na renovación dos centro educativos ourensáns

O delegado territorial significou que ao longo deste ano, a Xunta está a desenvolver na provincia de Ourense un total de 128 actuacións

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, comprobou esta mañá o remate das obras de renovación do baño de nenos e discapacitados da planta baixa e a instalación dun lavabo novo na aula de tecnoloxía do CPI ‘Terras de Maside’, onde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional investiu máis de 25.000 euros.

Despois de percorrer as instalacións, Pardo significou que ao longo deste ano, a Xunta está a desenvolver na provincia de Ourense 128 actuacións, pequenas obras, cun investimento de case 3 millóns de euros.

Ademais, están en proceso de execución 6 grandes obras en centros como o CEIP Castrelo de Miño, IES Celanova, IES 12 Outubro, CIFP Vilamarín, IES Blanco Amor e o IES Chamoso Lamas. Entre eles suman máis de 5,4 millóns de euros; un total de máis de 8 millóns de euros, “o que fala ás claras do compromiso do Goberno galego coa modernización do sistema educativo, a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, iniciado en 2021, e que recentemente o Presidente Rueda anunciou a súa prórroga tres anos máis, cun investimento inicial de 210 millóns de euros”.

Outras novidades para mellorar a calidade da educación galega

Tamén destacou o delegado territorial que o curso escolar 2024-2025 será o primeiro no que Galicia implante a “absoluta gratuidade” no ensino público “desde os inicios ata a universidade”.

Durante a visita, tamén aproveitou para destacar outras novidades para este novo curso, como o incremento récord do profesorado, a redución dos rateos nun 20%, a mellora da atención á diversidade ou o Plan MEGA, orientado a fomentar o éxito escolar do alumnado con medidas como a atención ás necesidades educativas especiais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS