sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta investirá máis de 4,1 millóns de euros na construción de...

A Xunta investirá máis de 4,1 millóns de euros na construción de vivendas de promoción pública en Mos

Trátase dun edificio de tres alturas, con vivendas de entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos que se situará no barrio de San Eleuterio – Tameiga

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, achegouse ao concello de Mos, onde a Xunta investirá máis de 4,1M€ na construción de 20 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio de San Eleuteiro-Tameiga.


Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, achegouse ata a parcela onde se construirá o edificio que albergará estas novas vivendas, para presentar a obra.


A Xunta licitou o pasado 1 de agosto o contrato desta actuación por máis de 4M€, e abriu o 2 de agosto o prazo ás empresas interesadas para a presentación de ofertas, que rematará o vindeiro 20 de setembro.


A conselleira explicou que estas vivendas se adxudicarán en réxime de alugueiro e o obxectivo da Xunta é que estean dispoñibles a mediados de 2026.


Tal e como destacou a conselleira, desde o Goberno galego se está a traballar arreo para duplicar o parque residencial de toda Galicia, e neste caso está en plena fase de contratación da construción destas 20 vivendas de promoción pública nesta parroquia de Tameiga.


Puxo o acento en como esta promoción de Mos se sitúa en solo cedido, de xeito gratuíto, polo Concello, sendo neste caso exemplo da colaboración “absolutamente necesaria” das entidades locais para acadar o compromiso en materia de vivenda.


O novo edificio que se construirá nunha parcela da parroquia de Tameiga terá 3 alturas, albergará 20 vivendas, que terán entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos.

María M- Allegue subliñou que se trata dunha edificación na que se organizará as vivendas e os diversos espazos comunitarios arredor de dous patios centrais, “que permiten desfrutar aos residentes da entrada de luz natural, o que permitirá tamén unha boa a ventilación dos pisos, á vez que se favorece a relación co espazo exterior.


Aposta pola vivenda protexida
Tal e como indicou a conselleira, desde a Xunta «seguemos a apostar pola vivenda protexida e duplicaremos o parque público de vivenda ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas, e 5.000 libres”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS