martes, diciembre 3, 2024
InicioActualidadeCulturaCarril acolle este fin de semana o festival "Ameixa Rock"

Carril acolle este fin de semana o festival «Ameixa Rock»

Tras conseguir os fondos recaudados nun crowdfounding por redes para levar a cabo o festival, xa está todo preparado para dúas xornadas de moito rock e natureza

Galicia conta coa sorte de ser un espazo rico en iniciativas culturais e mais, na época estival con centos de festivais para todo tipo de gustos e onde pódese escoitar todo tipo de xéneros.

Este fin de semana é a quenda do Ameixa Rock, un festival gratuíto en Carril que se celebra entre o sábado día 7 e o domingo. Levan traballando para que dende o ano 2013, a excepción do 2020, cada edición superase á anterior.

Un evento que o nexo entre as actividades e actuacións é o mar, para así poñer en valor a natureza, a tradición mariñeira e sobre todo a cultura galega. Entre os artistas que ofrecerán a súa música en directo no Ameixa Rock destaca como cabeza de cartel Grande Amore e a el súmanse The Lelli Kelly´s, Rompekalaveras, Kris Dj (Duendeneta), Suso Aboy, The Perfect Strangers e Alejanda & Alexandre DJ´s.

Ademais, na súa aposta por dar a coñecer o patrimonio natural da vila, o Ameixa Rock, durante a xornada do sábado, ofrece dúas viaxes a Illa de Cortegada. Por un lado, pola mañá ás 10:30 horas e por outro, pola tarde ás 16:30 horas.

Podes consultar máis información sobre a programación na súa web.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS