domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsActualidadeO Consorcio de Augas do Louro consegue máis de 4,7 millóns de...

O Consorcio de Augas do Louro consegue máis de 4,7 millóns de euros de fondos europeos

Este proxecto foi seleccionado como beneficiario na convocatoria de axudas do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos Next Generation

O Consorcio de Augas do Louro –conformado polos concellos do Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas- dá un impulso definitivo á modernización e dixitalización das súas infraestruturas.

O presidente e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, informou hoxe de que o proxecto presentado pola entidade supramunicipal recibirá case 5 millóns de  euros ao abeiro do PERTE para a dixitalización e modernización do ciclo da auga dos fondos europeos Next Generation UE, de acordo coa resolución provisional publicada polo MITECO.

A proposta do Consorcio foi a mellor puntuada de Galicia e tamén se posicionou entre as mellores a nivel nacional, obtendo un respaldo económico que permitirá realizar importantes melloras.

“Esta inversión danos a oportunidade de optimizar a xestión dos nosos recursos e infraestruturas e, polo tanto, ofrecer un mellor servizo á cidadanía que o noso principal obxectivo”, explicou Lorenzo, reiterando o seu compromiso coa modernización dos servizos públicos e a sustentabilidade.

Esta achega permitirá ao Consorcio de Augas do Louro dotarse de instrumentos de planificación, completar o rexistro de volumes captados, protexer as masas de auga receptoras de alivios, optimizar e reducir os consumos enerxéticos e incrementar a produción de enerxía para autoconsumo co obxectivo de garantir a sustentabilidade a largo prazo e ofrecer servizos de calidade á poboación, nun contexto de dispersión poboacional moi marcado que dificulta enormemente a xestión destes servizos.

62 actuacións que posicionarán ao Consorcio de Augas do Louro como un referente

O “Proxecto para a mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo urbano da auga no Consorcio de Augas do Louro” , que se executará ata o 2026, estrutúrase en 62 actuacións que abordan desde elaboración de plans de emerxencia e diagnóstico ata a mellora da ciberseguridade .

O proxecto enfócase tamén na mellora da eficiencia técnica e dixitalización, na implementación de melloras da eficiencia enerxética.

“Posiciónanos como un referente no uso e xestión deste recurso”, continuou Lorenzo, “o Consorcio de Augas do Louro pode ser un espello no que os pequenos concellos poidan mirarse e converterse nun exemplo de eficiencia e gobernanza”.  Para iso, actualizarase a páxina web incorporando máis información para a cidadanía como as analíticas de auga potable, residual, etc.; e levaranse a cabo campañas de sensibilización e comunicación. Melloraranse os sistemas de información e ferramentas dixitais en xeral e implementaranse as accións de ciberseguridade necesarias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS