jueves, julio 18, 2024
InicioNewsActualidadeO luns comeza en Tui o ciclo de visitas guiadas “Coñece o...

O luns comeza en Tui o ciclo de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio”

Será coa ruta guiada por Rafael Sánchez Bargiela “Da Glorieta á ponte internacional, paseando con outra mirada”

O próximo luns comeza “Coñece o noso patrimonio”, o programa de visitas guiadas que organiza o Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui, para a difusión do amplo acervo patrimonial que atesoura a cidade. Estará a cargo de especialistas do propio Instituto.


A primeira das seis visitas programadas sairá o próximo luns ás 20.30 h da Glorieta de Vigo co título “Da Glorieta á ponte internacional, paseando con outra mirada”. O historiador e técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela guiará este percorrido no que as persoas asistentes irán descubrindo as pegadas de diversos momentos históricos que podemos documentar na propia configuración urbana da nosa cidade.


O número de prazas en cada unha destas visitas é limitado. A inscrición gratuíta debe realizarse no correo biblioteca@tui.gal indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e visita elixida (enviando unha mensaxe por cada ruta).


A concelleira de Turismo do Concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, indica que este ciclo de visitas guiadas é unha excepcional oportunidade de achegarse ao patrimonio tudense, descubrindo novos aspectos do mesmo, o que redundará nunha maior valoración e respecto polo segundo conxunto monumental de Galicia.


Ana Núñez destaca a excelente acollida que está a ter este ciclo de visitas guiadas como se reflicte na alta demanda de inscricións que se están a realizar, polo que nalgunhas das rutas quedan xa poucas prazas libres nestes momentos.


Programa:
Luns 15 de xullo:
“Da Glorieta á ponte internacional, paseando con outra mirada” por Rafael Sánchez Bargiela, historiador
Inicio Glorieta de Vigo, 20.30 h.

Martes 23 de xullo
“Arqueoloxía no Alto do Coello y Rozacús” por Benito Vilas, arqueólogo (pendente)
Inicio Alto do Coello – Randufe, 20.30 horas


Mércores 31 de xullo
“El proceso constructivo de la catedral tudense a través de su exterior” por Marta Cendón Fernández, profesora da USC.
Inicio fachada norte da Catedral (Rúa Párroco Manuel Rodríguez Vázquez) – 20.30 h.


Xoves 8 de agosto
“Transformacións da cidade de Tui a través dos seus recintos amurallados” por Juan José Perles Fontao, arqueólogo.
Inicio Praza do Concello – 20.30 h.


Martes 13 de agosto:
“Santo Domingo de Tui, ejemplo de arquitectura mendicante en Galicia “ por Carmen Manso Porto, de la Real Academia de la Historia
Inicio Igrexa de San Domingos – 20.00 h.


Martes 20 de agosto
«Evolución urbana de Tui: do burgo altomedieval á cidade de Fernando II» por Suso Vila, doutor en historia da arte pola USC
Inicio Oficina Municipal de Turismo (Paseo da Corredoira) – 20.00 h.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES