jueves, julio 18, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO MUMI presenta os 12 concertos que actuarán na próxima edición

O MUMI presenta os 12 concertos que actuarán na próxima edición

O Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal, MUMI, avanzou no día de onte as primeiras confirmacións do programa profesional para a súa quinta edición, que conta co apoio da Xunta de Galicia. O evento terá lugar entre o 12 e o 15 de setembro na eurocidade Tui-Valença.

Entre as primeiras confirmacións do cártel do evento, pódese observar unha coidada selección de 12 bandas e artistas de diferentes estilos, que comparten, en moitos casos, as músicas de raíz como fonte. Trátase dun feixe de propostas de alta calidade, onde estarán representadas a música tradicional, o folk, rock, electrónica, a música urbana, a canción de autoría ou propostas musicais da vangarda mais contemporánea, que dan boa conta do gran momento creativo que viven os dous territorios.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, sinalaba a importancia estratéxica deste mercado para o sector musical galego, que ten en Portugal un territorio natural para internacionalizar a súa música coa facilidade que supón a proximidade lingüística, cultural e xeográfica e engadía que “o que nos axuda a tecer sinerxías e que pode facer moito máis fortes e produtivas as industrias musicais de ambos países”.

. No acto, no que participaron representantes do resto de institucións implicadas e da organización do MUMI,

Coa Fira Mediterrània de Manresa

O representante da Consellería de Cultura, Jacobo Sutil, tamén celebrou a continuidade do acordo de colaboración iniciado na pasada edición coa Fira Mediterrània de Manresa, un dos mercados de referencia para as músicas que utilizan a raíz, a tradición e a cultura popular como motor creativo. Grazas a este intercambio, o MUMI presentará o traballo da banda catalá El Pony Pisador que traerán en directo o seu novo álbum, Ocells.

A súa vez, a Fira recibirá na súa próxima edición, en outubro, a proposta galega de Mondra, escollida entre as participantes na anterior edición do MUMI.

Diversidade e experimentación

Despois do proceso de selección tralo éxito de convocatoria, que se pechou cun total de 242 propostas artísticas candidatas para os showcases, o MUMI xa anunciou a selección de bandas e artistas que van configurar o programa profesional.

Trátanse de seis formacións de Galicia e cinco de Portugal que amosarán ao público a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual. Pola banda galega, presentaranse os directos de Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; mentres que Portugal achegará as propostas de Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma.

Dende a organización destacan que «diversidade» continúa a ser a palabra clave na música ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2024, cun mosaico de bandas e artistas que responden á riqueza das escenas galega e portuguesa.

Das novas incursións na música tradicional á electrónica, pasando polas vangardas contemporáneas, as músicas urbanas ou a canción de autoría, as actuacións programados recollen a efervescencia musical que bule en ambas beiras do Miño, onde terán especial protagonismo os sons que experimentan a partir da música de raíz.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES