jueves, julio 18, 2024
InicioActualidadeEducaciónCamilo, o estudante de 53 anos que se sacou a ESO nun...

Camilo, o estudante de 53 anos que se sacou a ESO nun mes

En apenas 30 días, Camilo Cancela de 53 anos preparouse a ESO nas instalacións da UNED no Porriño e aprobou o pasado 7 de maio. Foi un esforzo conxunto de profesores e alumno, que traballaron tanto os contidos educativos como técnicas de estudio e de exame.

Camilo é un traballador acérrimo que leva dende os 16 anos exercendo e percorre Europa en viaxes de traballo, pero aínda así viu a necesidade de obter a ESO para avanzar, xa que para moitas ofertas laborais ou incluso algunhas formacións, requiren a titulación.

Aínda así, Camilo conta coa formación dunha FP Básica en Electrónica e Telecomunicacións que, nada máis rematar, permitiulle atopar traballo nese campo. Agora, con 53 anos e coincidindo que tiña 30 días dispoñibles inscribiuse no curso “para tomar contacto e ver como sería sacalo”, pero co tesón de ter “30 días e teño que poñer ata o último alento”. Camilo confesa que “había materias que me costaban máis, como matemáticas ou física, pero pensaba que si superaba a parte científica o resto o sacaba”. E así foi. Practicou facendo exámenes de anos anteriores que atopou en internet e estudou ata o día do exame, “non durmín nada, ata as oito da mañá que marchei, e seguín repasando entre exámenes”.

Mar Pumarega Cereijo, profesora do ámbito científico-tecnolóxico da ESO na UNED, viu desde o primeiro intre a capacidade de Camilo e o seu esforzo. Ademais das vías habituais de comunicación, Mar formou un grupo de WhatsApp onde enviaba contido, exercicios e resolvía dúbidas dos seus alumnos.

Mar recoñece que “non é fácil aprobar a ESO por libre. Esforzámonos por ambas partes e ao final obtuvemos o fruto” e engadía que, “ eu animo aos meus alumnos a que non se queden ahí, que continúen formándose, facendo ciclos medios e superiores”. E esa é, precisamente, a intención de Camilo que xa mostrou interese en seguir formándose, así o explicaba «agora estou nunha inercia positiva que hai que aproveitar. Non vou deixar parar esta roda, vou seguir estudando.”

Ambos os dous, Camilo e Mar, coinciden en que esto é froito dun traballo en equipo. É preciso que o teu círculo cercano sexa comprensivo e mostre o seu apoio. “O que non podes pretender é que sen esforzo haxa resultado”, salienta Camilo, “as veces, precisamos dun empuxón, máis que dunha palmadiña nas costas”.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o director da UNED de Pontevedra, Víctor M. González, acompañados polos profesores que lle deron clase a Camilo recibírono esta semana para entregarlle un obsequio por parte do Concello do Porriño e en recoñecemento “ao esforzo e capacidade de superación de Camilo”. O rexedor animouno a “non deixar que esa inercia positiva da que fala pare nunca e siga marcándose metas e cruzandoas con éxito”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES