jueves, julio 18, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoRedondela conmemora o Día do Orgullo cun gran mural e festa Holi

Redondela conmemora o Día do Orgullo cun gran mural e festa Holi

O Concello reafirma así a súa aposta pola diversidade

Celebraranse o próximo venres, 28 de xuño. As actividades comezarán ás 11.00 horas en Chapela, na Senda Verde, coa creación dun novo mural a cargo da artista gráfica redondelá Paula Amoedo. O novo deseño, no que participará mocidade do grupo “Axentes do cambio”,
plasmará “o orgullo da cidadanía redondelá por unha sociedade diversa e tolerante”
sinala Vilaboa.

Iria Vilaboa, concelleira de Igualdade:


Xa ao serán, a partir das 20.00 horas, na pista da Xunqueira, celebrarase a festa Holi e un taller de maquillaxe. É a primeira vez que Redondela acolle unha festa destas características, “unha celebración de orixe hindú onde se mesturan todas as castes en harmonía, unha festa das cores que celebra as diferenzas das persoas e tamén a súa unión», explica Iria Vilaboa.


Utilizaranse todas as cores do arco da vella, con pos biodegradables e hipoalerxénicos.
Serán dúas horas de música, xogos e cor, cun DJ que amenizará a festa con música.
Haberá tamén un taller de maquillaxe nunha carpa con monitores para que todas as persoas que asistan á festa Holi poidan maquillarse en calquera momento da actividade
“e dar así máis luz e cor a esta celebración”, apunta a concelleira.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES