Mércores, Maio 6, 2026
HomeComarcasAllariz-MacedaOs concellos xogan un papel fundamental na alimentación local sostible

Os concellos xogan un papel fundamental na alimentación local sostible

O Concello de Allariz, o GDR Limia-Arnoia e a Rede de Municipios pola Agroecoloxía convidan aos concellos galegos a compartir experiencias e reflexións sobre as políticas alimentarias locais.

Dende o Concello de Allariz e a Rede de Municipios para a Agroecoloxía, estase a organizar para o 18 de xuño unha xornada centrada no papel que poden xogar os concellos para garantir unha alimentación máis sostible e de proximidade, promovendo e apoiando os recursos e axentes do seu territorio.

A xornada terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Allariz dende as 10.30 ata as 17.00. Os concellos interesados poderán inscribirse na web da xornada.

Consulta aquí o programa:

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS