Xoves, Abril 30, 2026
HomeNewsActualidadeO Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas o...

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas o 16 de maio

As instalacións do Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) están xa cos traballos finais de cara á súa apertura, que terá lugar o vindeiro sábado 16 de maio ás 19 horas.

O acto inaugural contará coas habituais actuacións sorpresa ao longo do percorrido, unha proposta que busca que o público asistente experimente a “liberdade”, lema deste ano, a través da música, o movemento e a propia natureza dos xardíns.

Nesta XVI edición, o FIXA presenta un “equilibrio perfecto” entre proxectos que chegan de diversos puntos do planeta e propostas de gran calidade nacidas na nosa contorna. Todas elas conviven para interpretar os “Xardíns da Liberdade”:

O recinto complétase ademais cos dous deseños que conquistaron ao xurado e ao público o ano anterior e que permanecen en pé: “Rocallas” (gañador do voto técnico da Asociación Española de Paisaxismo) e “Se chove que chova” (vencedor do voto popular).

A mostra estará aberta partir do 16 de maio e ata finais de outubro, as persoas que visiten o recinto poderán exercer de xurado e votar polo seu xardín favorito. O proxecto que acade o maior apoio da poboación gañará o dereito a permanecer no festival durante a edición de 2027.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS