HomeComarcasÁrea de VigoBombeiros excarceran ao condutor dun camión que envorcou en Redondela

Bombeiros excarceran ao condutor dun camión que envorcou en Redondela

Os efectivos dos parques de Redondela, O Porriño e Vigo colaboraron para estabilizar o vehículo e liberar ao seu único ocupante, que resultou ferido pero permaneceu consciente en todo momento

O 112 Galicia tivo constancia deste accidente pasadas as 11:15 horas. Un tráiler acababa de envorcar nun terraplén á altura do quilómetro 136 da N-550, na parroquia do Viso. Múltiples particulares achegáronse ao lugar dos feitos para auxiliar ao implicado e confirmaron que este permanecía atrapado na cabina.

Ademais, o camión acabou no medio dunha pendente e era necesario aseguralo para evitar que continuase caendo. Polo tanto, os equipos de intervención procederon a recolocalo nunha posición que lles permitise traballar con seguridade na liberación do ferido, tarefa que lograron pasadas algo máis de dúas horas.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, interveñen os Bombeiros de Redondela, O Porriño e Vigo, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Mos, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Redondela e os operarios de conservación da estrada.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS